Rematan as melloras no CPI de Friol por valor de 45.000 euros
O alcalde de Friol, José Angel Santos, acompañado da Concelleira de educación, Pilar López e do director do CPI Dr. López Suárez, Felipe Barata Villapol, estiveron nas instalacións do centro educativo para verificar o acabado das obras realizadas nos meses de xullo e agosto cara o inminente comezo do curso escolar 2022-2023.
Estas obras consistiron na renovación das beirarrúas circundantes os edificios de educación primaria e do comedor escolar e tamén na construción dun parque infantil dentro do propio recinto escolar. Ambas obras tiveron un coste de 45.000 euros e foron sufragadas a cargo do Concello de Friol e da Xunta de Galicia.
A renovación das beirarrúas era unha das demandas máis importantes que se solicitaban do centro educativo, debido o mal estado que presentaban e suporá unha mellora na vida diaria do centro educativo, ademais de mellorar o embelecemento do colexio. Conxuntamente con esta obra se realizou tamén unha renovación das escaleiras de acceso ao comedor escolar, que tamén presentaban un deteriorado aspecto polo uso e polo paso do tempo.
Pola súa parte, o parque infantil pretende dar unha maior oportunidade de ocio no tempo de lecer ós máis pequenos do centro educativo, tendo en conta que o xogo e o movemento representan unha das dimensións máis importantes e transcendentes no proceso de ensino e na formación do alumnado. Unha obra que suporá un aliciente para os nenos e nenas do centro educativo e un estímulo para lograr que a súa estadía no colexio sexa o máis beneficiosa para o seu rendemento escolar.
O alcalde destacou a importancia deste proxecto para Friol "os accesos que rodean os edificios tiñan deficiencias que precisaban ser remediadas e sobre todo melloradasfacendo que sexan mais funcionais para docentes e alumnado, en beneficio, sobre todo, dos mais novos do noso municipio, que son os que mais se van a favorecer de todas estas melloras".
Tamén destaca o rexedor que “a Consellería de Educación continua apoiando a Friol, nesta caso, con un 50% dunha inversión moi necesaria e demandada, tanto pola dirección do propio CPI como polo equipo de goberno doConcello, polo tanto, neste caso toca agradecer ao propio Conselleiro de Educación e Cultura Román Rodríguez a sensibilidade que tivo coas demandas desde Friol”.
O director do centro, Felipe Barata do que “estas obras supoñen unha mellora na calidade educativa do noso alumnado e agradecemos o esforzo do Concello de Friol e particularmente do seu alcalde para que o centro educativo de Friol poida desenrolar con totalidade unha educación acorde cos tempos e cas necesidades das familias.