Rematan as obras de mellora da vía que une Rozas con Castro Ribeiras de Lea

TerraChaXa | LugoXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de reforzo do firme na vía autonómica LU-113, no treito que vai desde o seu inicio en Rozas ata o final da travesía de Castro de Ribeiras de Lea, no municipio de Castro de Rei.
obras mellora castro ribeiras de lea rozas
1 Dec 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de reforzo do firme na vía autonómica LU-113, no treito que vai desde o seu inicio en Rozas ata o final da travesía de Castro de Ribeiras de Lea, no municipio de Castro de Rei.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado da actuación, que supuxo a renovación do pavimento e da sinalización horizontal en seis quilómetros, desde o pq 0+000 e 6+000. O investimento ascendeu a 603.700 euros.

A intervención consistiu na reparación do firme mediante fresados localizados e a reposición da capa de rodaxe a carril completo en todo o treito. Posteriormente repintáronse as marcas viarias.

Arias afirmou que deste xeito a Xunta mellora as prestacións da estrada en beneficio das persoas usuarias, que poderán desprazarse de forma máis cómoda e segura por esta vía autonómica.

Así mesmo, explicou que esta obra está incluída nun contrato de case 3,5 millóns de euros para mellorar o firme en catro estradas autonómicas ao seu paso polas comarcas da Terra Chá e Lugo.

Ademais da LU-113, hai actuacións nas vías LU-111, LU-121 e LU-120 no seu transcurso polos municipios de Rábade, Abadín, Vilalba, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18266797065735