Rematan as obras de mellora do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX

LugoXa
O barrio do Carme acolleu unha programación de actos con motivo da finalización das obras de mellora do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX.
11 Aug 2021

O barrio do Carme acolleu no día de onte unha programación de actos para a veciñanza con motivo da finalización das obras de mellora e humanización do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX no barrio do Carme.

A xornada comezou na praciña do Carme, cun percorrido guiado, a través do Camiño Primitivo e a Vía XIX onde os asistentes puideron ver as diferentes actuacións de recuperación de camiños, muros e elementos singulares así como a instalación de varandas, de mobiliario urbano e dun sistema de iluminación mediante balizas, na contorna.

Acto seguido, os asistentes puideron gozar dunha exposición creada para a ocasión, que incorporaba información de interese das diferentes actuacións, todas elas enmarcadas na estratexia DUSI Muramiñae a través de paneis. Na mesma ubicación todos os veciños e veciñas de Lugo estiveron convidados a unha merenda saudable, en formato picnic ao tempo que gozaron de musica en directo da man de Sara Nebra, cantautora lucense que experimenta coa música popular galega e a modernidade da electrónica.

Melloras levadas a cabo

As actuacións incluíron, ademais da recuperación dos camiños, unha serie de melloras na seguridade en diferentes puntos do trazado mediante a incorporación de alumeado público, sinalización do percorrido ou a recuperación dos pavimentos. Así mesmo, instaláronse varandas de madeira, a modo de protección, en diferentes localizacións, recolocaranse os bloques pétreos que foron movidos na intersección do Camiño Primitivo con Rolda do Carme e revestíronse as escaleiras que comunican esta última coa Vía XIX cun material antiescorregadizo.

Debido a que en moitas zonas do trazado existian eivas de sinalización ou a actual se atopaba desfasada en canto a formato e indicacións, procedeuse tamén a colocar, entre outros elementos, tres paneis informativos, unha mesa interpretativa de granito e catro fitos pétreos sobre a Vía XIX, en consonancia con outros xa existentes na cidade. Estes dispoñen ademais, dunha placa en braille, en prol dunha maior inclusión.

Estas actuacións enmárcase na estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% polos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea e ao 20% polo Concello de Lugo, cuxa finalidade é integrar o Miño na cidade a través do Carme e facer así unha cidade máis verde, máis sostible e máis integradora.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18835210800171