Rematan as obras de mellora na estación de autobuses de Lugo

LugoXa
Finalizan as obras de mellora na dársena da estación de autobuses de Lugo ás que se destinaron un orzamento de 47.600 euros
Estacion de buses lugo
22 Feb 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de finalizar as obras que executou nos últimos meses na dársena da estación de autobuses de Lugo, ás que destinou 47.600 euros.

O proxecto incluíu melloras e reparacións dalgúns elementos para corrixir o deterioro propio do paso do tempo, ademais de traballos de humanización para xerar un espazo máis cómodo e acolledor.

Así, os antigos bancos foron substituídos por outros de madeira que ofrecen unha imaxe unificada e colocáronse plantas ornamentais. Tamén se renovou a pintura da fachada e dos portóns de acceso á dársena -sen modificar a cor – e acometéronse melloras puntuais, como o pintado dos bordos e o cambio dun colector de saneamento e dalgúns vidros que estaban danados.

0.21025586128235