Rematan as obras do Plan Marco de 2019 en Outeiro de Rei
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei realizou a obra de Mellora de camiños nas parroquias de Candai, Cela, Folgueira e Paz.
6 Jun 2021
O Concello de Outeiro de Rei, mediante Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, realizou a obra de Mellora de camiños nas parroquias de Candai, Cela, Folgueira e Paz.
Esta actuación está subvencionada por Agader coa na cantidade de 48.613,00 euros e cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.