Rematan as obras de renovación da praza de Alacante

LugoXa
As obras de renovación da praza de Alacante, no barrio da Milagrosa, veñen de ser rematadas segundo anunciou Rubén Arroxo
Obras praza alacante
26 Mar 2023

As obras de renovación da praza de Alacante, no barrio da Milagrosa, veñen de ser rematadas segundo anunciou o tenente alcalde e responsable de Mobilidade, Rubén Arroxo. "Trátase dunha zona que estaba nun avanzado estado de desgaste, o que fixo precisa unha actuación integral que permita renovar a pavimentación, poñendo solución ás zonas de socavóns e garantise a accesibilidade", explicou Rubén Arroxo.

A solución que executada pola área de Mobilidade e Infraestruturas consistiu na renovación integral do pavimento, creando dúas zonas diferenciadas para o tránsito peonil e dos vehículos, mantendo as zonas de estacionamento, ademais da renovación do mobiliario urbano, ampliando o total de bancos instalandos na zona, e cunha nova disposición que permitirá unha maior comodidade á veciñanza. Ademais, habilitáronse novas papeleiras e xardineiras.

O Goberno de Lugo continuou nesta intervención coa renovación da rede de alumeado público municipal, eliminando luminarias de vapor de sodio, e instalando LEDs, de baixo consumo, e cun alumeado uniforme en toda a extensión da praza. Arroxo lembrou que “neste mandato substituímos máis de 5.000 luminarias con elementos contaminantes por LED, reducindo enormemente o consumo enerxético da rede de alumeado público”, afirmou Arroxo.

0.19515490531921