Rematan as obras dun depósito de auga en Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O PP defende o investimento "esencial para a xestión de emerxencias e a loita contra os incendios forestais”
deposito-de-auga-contraincendios-pol
Depósito de auga en Pol
29 Xuño 2024

A raíz da construción dun novo depósito de auga na parroquia de Santo Estevo, situado concretamente no Monte Veciñal en Man Común Serra e Picato de Pol, un proxecto recente e destacado, o Partido Popular destaca e agradece o investimento que a Xunta de Galicia fai en Pol reforzando o seu compromiso coa prevención de incendios.

“Estamos a falar dunha infraestrutura esencial para a xestión de emerxencias e a loita contra os incendios forestais”, resalta a voceira do PP de Pol, Nicole Grueira.

Os populares explican que este depósito ten unha capacidade de 500.000 litros de auga o que o fai especialmente apto para a carga de helicópteros e motobombas. “Esta característica é fundamental xa que permite unha resposta rápida e eficiente no caso de que se produza un lume, reducindo significativamente os tempos de actuación”, sinala Nicole Grueira.

“A localización estratéxica desta infraestrutura tamén facilita a cobertura dun amplo radio de acción beneficiando, ademais de ao Concello de Pol, aos municipios veciños”, finaliza a voceira popular.

0.21158909797668