Rematan as obras na oficina rural de Monterroso
LugoXa
A oficina rural do concello lucense de Monterroso vén de rematar as súas obras de reforma, que contaron cun investimento de 198.
4 Feb 2024
A oficina rural do concello lucense de Monterroso vén de rematar as súas obras de reforma, que contaron cun investimento de 198.853,29 euros. Neste sentido, leváronse a cabo traballos para acondicionamento do interior da oficina e renovación da carpintaría exterior; así como da instalación eléctrica para que poida soportar un novo sistema de aerotermia. Ademais, instalouse un punto de carga para vehículos eléctricos.
O obxectivo desta actuación, incluída no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía nas materias da súa competencia, ademais de servizos agrarios e veterinarios.