Rematan as obras na rúa Bal y Gay

LugoXa
Rematan os traballos de reurbanización da rúa Bal y Gay segundo anuncio hoxe o tenente de alcalde Rubén Arroxo
Remate obras Bal y Gay
1 Feb 2023

Rematan os traballos de reurbanización da rúa Bal y Gay, "trátase dunha rúa que contaba cunha pavimentación de formigón moi desgastada, e con beirarrúas insuficientes, que non permitían garantir a accesibilidade da veciñanza”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “con esta actuación continuamos a avanzar na mellora dos espazos públicos de Lugo, gañando zonas para o desfrute das persoas e mellorando a accesibilidade”.

Os traballos executados polo Goberno de Lugo consistiron na renovación integral na pavimentación da rúa, instalando un novo pavimento baseado en mestura bituminosa en quente, e garantindo tanto o espazo peonil como o espazo de estacionamento. A nova distribución da rúa consiste nun carril de circulación, un carril de estacionamento e unha beirarrúa ampla. Para garantir a seguridade dos espazos peonís, separáronse da calzada habilitando unha nova franxa axardinada.

O Goberno de Lugo renovou tamén a canalización de alumeado e a rede de alumeado da zona, instalando novas luminarias LED, o que continuando coa instalación de lámpadas de baixo consumo en toda a rede de alumeado público da cidade, aplicando a perspectiva de xénero e reducindo o consumo total da rede.  A actuación supuxo un investimento de 181.094,65€.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19478297233582