Rematan en Orbazai os obradoiros das asociacións veciñais rurais de Lugo

LugoXa
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou Orbazai, onde rematou unha das actividades organizadas pola Tenencia de Alcaldía para as asociacións veciñais do rural no ano 2024.
obradoiro_rural_orbazai
9 Abr 2024

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou Orbazai, onde rematou unha das actividades organizadas pola Tenencia de Alcaldía para as asociacións veciñais do rural no ano 2024. As distintas asociacións desfrutaron nestes meses de cursos de distintas temáticas, como de poda, inxerto, restauración, cociña, pandeireta, repostería, etc...

Cristina López amosou o seu compromiso con todas elas para "ampliar o alcance das asociacións con estes novos cursos que axudan a recuperar as actividades e os oficios da nosa cultura, e innovar noutros". Ademais, a edil de Participación insistiu no feito de que "dende o goberno municipal seguimos traballando para facer funcionar o tecido asociativo tamén a través das partidas orzamentarias" polo que, insiste, "tanto axudas económicas coma obradoiros conviven e danse ao mesmo tempo".

A área de Participación entregou o pasado ano un total 10.691,12 euros ás asociacións veciñais do concello de Lugo para executar proxectos relacionados co asociacionismo, o voluntariado e a participación cidadá, ademais de incluír gastos de mantemento e funcionamento necesarios para a realización das iniciativas. Rubén Arroxo destacou que "esta liña de subvencións permiten que as distintas asociacións veciñais de Lugo poidan manter a súa actividade ao longo do ano".

0.13510012626648