Remataron as Xornadas Internacionais de Encaixe Contemporáneo do Centrad de Lugo

Iria Castro e Cristina López clausuraron a Xornadas Internacionais de Encaixe Contemporáneo que se celebraron desde o martes no Centro de Artesanía e Deseño da man da Asociación de Palilleiras Alfinete.
Esta foi unha actividade centrada na aplicación do encaixe de bolillos á recreación de obra pictórica e de paisaxes impartida pola artesá búlgara Bistra Pisancheva, recoñecida internacionalmente neste ámbito.
Ao longo destas xornadas, as participantes elaboraron as súas propias pezas con esta novidosa técnica. O público que se achegou ao Centrad puido disfrutar tamén dunha exposición de pezas creadas por Bistra Pisancheva, que recrea entre outras obras de Cézanne.