Reme González reúnese en Santiago coa conselleira de Infraestruturas
TerraChaXa | LugoXa
O equipo de Goberno do Concello de Rábade segue adiante coas reunións de traballo para procurar melloras para o municipio.
5 Out 2023
O equipo de Goberno do Concello de Rábade segue adiante coas reunións de traballo para procurar melloras para o municipio.
Así, a alcaldesa de Rábade, Reme González, vén de manter unha xuntanza de traballo en Santiago coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para tratar sobre os principais proxectos que desenvolve a Consellería neste municipio e analizar as necesidades actuais.
A rexedora acudiu acompañada do tenente de alcaldesa, Luis Novo, e do concelleiro de Medio Ambiente, Carlos González.
Reme González precisa que a xuntanza de traballo serviu para trasladar de primeira man as demandas do Concello de Rábade, o que contribuirá a sacar adiante futuras iniciativas en coordinación coa administración autonómica.