Renovada a capa de asfalto do Carril das Hortas en Lugo

LugoXa
No Carril das Hortas levouse a cabo unha renovación da capa de rodadura, coa aplicación de mestura asfáltica en quente.
alexandre penas ruben arroxo
13 Xuño 2021

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo visitou o Carril das Hortas, onde desde a concellería de Infraestruturas que dirixe o edil Alexandre Penas se está a realizar unha actuación de mantemento da banda de rodadura. Arroxo explicou que “dentro da planificación do traballo que realizamos desde as áreas de Mobilidade e Infraestruturas buscamos mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños, realizando actuacións que solicita a veciñanza de cada barrio”.

No Carril das Hortas levouse a cabo unha renovación da capa de rodadura, coa aplicación de mestura asfáltica en quente, o que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial, e garantirá unha duración prolongada da actuación.

O Tenente Alcalde lembrou as actuacións realizadas en Fontiñas nos últimos meses, entre as que destacou a rotonda de San Eufrasio, “unha actuación moi necesaria para zona e para a cidade, que permitiu eliminar un punto negro da cidade”. A rotonda aumentou a distancia de visibilidade da zona, e eliminou a necesidade de facer xiros á esquerda, o que en conxunto mellora a seguridade viaria na zona.

Desde o Goberno de Lugo realizáronse nos últimos meses outra serie de actuacións para mellorar a accesibilidade realizada no Carril dos Indios e a adaptación dos rebaixes das beirarrúas da propia avenida das Fontiñas.

0.18553590774536