Renovado o asfalto da avenida das Américas
O tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou a avenida das Américas, onde ven de comezar a renovación do asfalto no seu treito final. O Tenente Alcalde afirmou que esta actuación da continuidade ao traballo realizado no pasado ano. "Comezamos coa renovación da parte final da rúa, o que comunica coa N-540, e con esta nova intervención cumprimos co obxectivo de renovar esta rúa por completo, garantindo o bo estado das vías de Lugo".
O Goberno de Lugo está a intervir no treito da avenida das Américas que vai dende a rúa Pomar ata a Fonte dos Ranchos, garantindo o bo estado dunha das rúas de Lugo que máis tráfico acollen, ao tratarse dunha das principais vías de entrada á cidade, cun investimento de 84.322€..
Dende o Concello de Lugo contempláronse cambios nos tránsitos usuais do tráfico rodado, incluíndo a incidencia e cambios nas liñas e paradas de autobuses urbanos afectadas, tratando de reducir ao máximo as molestias á veciñanza para permitir que os traballos se realicen con seguridade e no menor tempo posible.
A solución executada pola Concellería de Infraestruturas consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal.