Renovado o asfalto do interior do Parque da Milagrosa

LugoXa
O Goberno de Lugo vén de renovar o asfalto do interior do Parque da Milagrosa segundo anuncio Rubén Arroxo
Milagrosa parque
27 Feb 2023

O asfalto do vial interior do parque da Milagrosa, onde están situadas as instalacións deportivas e a casa das Asociacións vén de ser renovado. Rubén Arroxo explicou que “continuamos a traballar na mellora dos espazos públicos de Lugo, renovando o asfalto dun vial que se atopaba nun avanzado estado de desgaste, e que facía necesaria unha intervención integral”.

A solución executada pola Concellería de Infraestruturas consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, adaptaranse os rexistros á nova cota da vía e renovarase a sinalización horizontal.

Arroxo lembrou que durante o presente mandato, a tenencia de alcaldía realizou un importante esforzo na contorna do Parque da Milagrosa, e lembrou algunha das intervencións realizadas neste período “como a renovación do aparcadoiro exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire ou o mural elaborado nas instalacións de Radio Taxi”.

0.15938401222229