Renovan as canastras e porterías nas pistas do Sagrado Corazón e Galegos

LugoXa
A execución de ambas actuacións responde ás peticións dos veciños e veciñas destes barrios e enmárcanse dentro das accións contempladas no Plan Dinámico de Intervención
jorge bustos
O edil, Jorge Bustos, supervisa a mellora de dotacións deportivas
22 Maio 2024

Renovan as dotacións deportivas nas pistas dos barrios do Sagrado Corazón e Galegos, cunha inversión de 3.500. “A execución de ambas actuacións responde ás peticións dos veciños e veciñas destes barrios e enmárcanse dentro das accións contempladas no Plan Dinámico de Intervención que puxemos en marcha dende o Goberno Local para conservar e modernizar as instalacións deportivas do municipio”, explicou o edil Jorge Bustos.

A través deste investimento, co que se levaron a cabo traballos de adecuación que permitiron modernizar estas instalacións municipais, “melloramos unhas pistas que son moi empregadas pola veciñanza de ambos barrios”, subliñou.

Na pista polideportiva do Sagrado Corazón renováronse dúas das tres canastras existentes, co cambio de pés, taboleiros, aros e redes, coa substitución da tradicional de corda por unha antivandálica, con cadea metálica para garantir unha maior duración. No que respecta á pista polideportiva do barrio de Galegos, se procedeu á substitución das dúas porterías e se renovou a canastra, tamén coa instalación de rede antivandálica.

Nos últimos meses, desde que se comezou a implementar o novo Plan Dinámico de Intervención nas instalacións deportivas municipais, o investimento total en distintas melloras supera os 120.000 euros. “O feito de ter elaborado este documento nos está permitir desenvolver unha planificación semestral para que todas estas dependencias sigan tendo coidados axeitados”, lembrou Bustos, quen matizou que todos estes traballos se están a acometer tratando de interferir o mínimo posible na actividade que cada unha das instalacións.

En total, a capital conta na actualidade con máis de medio cento de recintos municipais destinados á práctica deportiva e ao adestramento que o Concello cede gratuitamente ao tecido asociativo e sobre os que exerce unha supervisión continuada para garantir o seu bo estado.

0.19536399841309