Renovan as vías en Santalla de Mazoi, Santa María de Coeses, Astariz e San André de Castro, en Lugo

LugoXa
Investíronse máis de 300.000 euros para mellorar o firme de varias estradas nestas parroquias lucenses
asfaltado-rural-lugo
2 Aug 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, xunto coa concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, supervisou o estado de varias estradas do rural que veñen de ser acondicionadas co obxectivo de reparar o firme para mellorar as redes de comunicación do rural. As intervencións, executadas con cargo aos orzamentos habilitados ao abeiro do Plan Único de Cooperación da Deputación Provincial, supuxeron un investimento total de 309.991 euros.

Así, a rexedora explicou que os traballos se concentraron na estrada municipal que atravesa o núcleo rural de Cacabelos (Santalla de Mazoi),  adxudicada en 55.690 euros; na vía que comunica os núcleos rurais de Portanova, Fontemaior e Airexe (Santa María de Coeses), orzamentada en 48.696 euros; na estrada que partindo da N-232 enlaza o núcleo de Astariz coa N-540 (San Vicente de Veral e San Lázaro da Ponte), cuxo importe ascendeu aos 86.097 euros e, por último, na que, partindo da LU-P-2910, chega ao núcleo do Castro - pista de Paredes - (San André de Castro), cun custo de 119.506 euros.

"Trátase de obras que resultan esenciais para garantir unha mellor conectividade dos núcleos pero que redundarán tamén na seguridade da circulación en todo o municipio, especialmente durante os meses de inverno nos que as condicións climatolóxicas condicionan o tránsito rodado. E, igualmente, son actuacións que nos permitirán seguir incrementando a calidade das infraestruturas do rural e, moi especialmente,  o benestar e comodidade das persoas que residen nestas zonas”, sinalou Paula Alvarellos.

Pola súa banda, a tenente de alcaldesa de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira fixo fincapé na importancia da ferramenta de financiamento coa que se acometeron as catro reparacións xa que "o Plan Único permítenos executar obras programadas e, ao mesmo tempo, desenvolver outras actuacións en paralelo, cubrindo así as múltiples necesidades que nos traslada a veciñanza”, apuntou a edila.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.22044491767883