Renovan o alumeado da rolda das Mercedes e Xosé Castiñeira

LugoXa
Renovan o alumeado da rolda das Mercedes e Xosé Castiñeira e neste mandato xa cambiaron preto de 5.000 puntos de luz por luminarias LED
Rolda das Mercedes
20 Mar 2023

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que a concellería de Infraestruturas está a renovar o alumeado da rolda das Mercedes e Xosé Castiñeira, instalando 19 novas luminarias de 130W, o que mellorará a visibilidade da zona permitindo reducir o consumo eléctrico ao substituíren á instalación actual, ao mesmo tempo que se renova o cableado.

Penas fixo balance do traballo executado polo Goberno Municipal no presente mandato na renovación da rede de alumeado público da cidade. Alexandre Penas explicou que no presente mandato "realizamos un gran esforzo na posta en marcha da renovación da rede de alumeado público, chegando ao final do mandato con preto de 5.000 puntos de luz renovados con luminarias LED“.

"O novo alumeado, instalado, permite unha boa capacidade lumínica reducindo o consumo enerxético e as emisións de substancias contaminantes emitidas á atmosfera pola rede de alumeado público da cidade".

"Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e das zonas periurbanas, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas", afirmou Penas, que engadiu "desde a concellería de Infraestruturas planificamos o traballo a realizar tendo en conta as solicitudes das veciñas e veciños, que son quen coñecen de primeira man as necesidades da zona na que viven".

Renovacion alumeado ronda das mercedes
0.20692610740662