Renovan o alumeado público nas Gándaras e no campo de fútbol

LugoXa
Renovan o alumeado das Gándaras, incluindo o campo de futbol e avanza a renovación dunha das vías do Polígono das Gándaras
Gandaras Ruben Arroxo
13 Feb 2023

Nos vindeiros días dará comezo a renovación integral do alumeado público na zona das Gándaras segundo informou o tenente alcalde Rubén Arroxo que afirmou que "continuamos a traballar na renovación da rede de alumeado público de Lugo, instalando luminarias LED de baixo consumo que permiten unha boa calidade lumínica con menor consumo enerxético", e engadiu “renovarase tamén o alumeado do campo de fútbol, atendendo a unha demanda das e dos usuarios”.

A actuación consitirá na renovación das luminarias instaladas actualmente no barrio, retirando as luminarias de vapor de sodio que contan cun consumo de 70W por farolas LED de 30W, para, segundo declarou Rubén Arroxo, “reducir o consumo enerxético ao tempo que melloramos a calidade do alumeado, eliminando zonas escuras e garantindo un alumeado uniforme en todo o barrio”.

O tenente alcalde anunciou que o persoal técnico está a estudar tamén a renovación do alumeado da calzada das Gándaras, a rúa principal do barrio, “que, debido ao volume de tráfico, require de maior planificación que as rúas adxacentes”.  

Arroxo incidiu na necesidade de "seguir traballando na renovación das luminarias nas principais rúas da cidade e nos barrios para acadar unha maior luminosidade e eficiencia". Coa  actuación presentada hoxe continuarase coa renovación e instalación das instalacións alumeado público exterior que se está a facer en toda a cidade.

Dende tenencia de alcaldía tamén se anunciou que vén de comezar a renovación do asfalto dunha das principais vías de entrada do Polígono das Gándaras. “Trátase da renovación do asfalto da rúa A das Gándaras, debido ao avanzado estado de desgaste da capa de rodadura, avanzando no mantemento das zonas industriais da cidade”, explicou Rubén Arroxo.

O Goberno de Lugo executará a renovación do asfalto da rúa A do polígono das Gándaras, o acceso principal ás Gándaras desde a Rolda Norte, e que a diario acolle unha gran carga de tráfico, entre o que se atopa un importante número de vehículos pesados. O firme deste treito con asfalto en quente, ademais de instalarse nova sinalización horizontal, o que supón un investimento de 73.313€.

O Rubén Arroxo explicou que “isto súmase ás actuacións executadas recentemente, tanto na Campiña como na rúa da Industria do Ceao, que permitiron mellorar a contorna e os accesos dos lugares de traballo de moitas veciñas e veciños de Lugo”. O Goberno de Lugo actuou tamén na Rúa D, mellorando a fluidez do tráfico e aumentando a maniobrabilidade dos vehículos industriais, o que aumentou a seguridade vial na contorna.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16961097717285