Renovan o asfalto entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes de Lugo

LugoXa
Desde a Tenencia de Alcaldía anímase á veciñanza de Lugo a facer chegar as súas solicitudes ao Concello
renovación_vías_lugo
1 Ago 2024

A Tenencia de Alcaldía renovará o asfalto no treito que discorre entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes. Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para "atender ás reclamacións veciñais e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas".

A solución executada consiste na creación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal. A actuación conta cun orzamento de 59.390,31 euros, e unha vez rematado o procedemento de contratación, terá un prazo de execución de dous meses.

Desde a Tenencia de Alcaldía anímase á veciñanza de Lugo a facer chegar as súas solicitudes ao Concello. Rubén Arroxo destacou que esta información, "xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar".

0.19677400588989