Renovan o mobiliario urbano na praza Anxo Fernández Gómez
A Brigada Municipal de Obras realizou traballos de mantemento e renovación no mobiliario urbano na praza Anxo Fernández Gómez. O concelleiro de Infraestruturas explicou que "trátase de accións simples que se poden realizar en pouco tempo e que melloran enormemente a imaxe da cidade".
"A brigada realiza unha importante labor de reparación nas distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade", explicou Alexandre Penas. Coa brigada, o concello de Lugo e a concellería de Infraestruturas urbanas traballan para garantir as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza. "É importante lembrar a importancia da brigada de obras, que permite facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloran a calidade de vida das veciñas e veciños", declarou. Alexandre Penas.