Renóvase a rúa Cambria de Lugo para mellorar a contorna do CEIP Rosalía de Castro

LugoXa
O Concello inviste máis de 124.000 euros nun proxecto de plataforma única con zonas axardinadas e bancos que fomenta a convivencia e a seguridade escolar
rúa-Cambria-de-Lugo-CEIP-Rosalía-de-Castro
21 Aug 2025

A Tenencia de Alcaldía de Lugo está a traballar na mellora da contorna escolar do CEIP Rosalía de Castro coa renovación da rúa Cambria. "O obxectivo é crear un novo espazo de convivencia como o que podemos ver no norte da cidade, na contorna do Colexio Luís Pimentel", explicou Arroxo.

Segundo o Tenente Alcalde, aplicarase o modelo de plataforma única con preferencia peonil, un sistema que xa funciona en varios puntos da cidade. Ademais, instalaranse novas zonas axardinadas e bancos para mellorar o uso do espazo.

O CEIP Rosalía de Castro é un dos cinco centros incluídos no programa de vieiros escolares seguros, que facilita a conciliación familiar, fomenta hábitos de vida saudables e reduce o tráfico rodado na contorna dos colexios. Arroxo destacou que esta actuación complementa o proxecto "Camiño ás Aulas".

Os traballos inclúen a renovación da calzada e das beirarrúas, habilitando posteriormente unha plataforma única ao nivel das actuais beirarrúas, separando a zona de acceso ao colexio con espazos axardinados e bancos.

Tamén se renovarán as instalacións da rede de abastecemento, con novas tubaxes de fundición dúctil e canalizacións para alumeado público.

A rúa construiráse con formigón desactivado de cor rojiza, unha solución estética e duradeira que permite reducir o mantemento dos espazos públicos.

A Tenencia de Alcaldía investe 124.078,45 euros nesta actuación "para avanzar no obxectivo de aumentar os espazos de convivencia e mellorar as contornas escolares con zonas humanizadas", afirmou Rubén Arroxo.

⚙ Configurar cookies
0.20369505882263