Repoñen máis dun centenar de árbores para mellorar o ecosistema urbano
Máis dun centenar de árbores están sendo repostos en 49 puntos da cidade tanto en rúas como parques e carballeiras, árbores que secaron por distintas circunstancias, segundo comentou o edil Migue Fernández. “Todos os anos realizamos esta campaña para retirar aqueles exemplares que ben están enfermos ou corren risco de causar algún dano á poboación”.
O obxectivo, incidiu o concelleiro, “é mellorar o ecosistema urbano da cidade e a calidade ambiental do aire, ofrecendo maior confortabilidade nos espazos públicos á veciñanza, diminuíndo a contaminación e aportando zonas de sombras e, ao mesmo, tempo, incrementar o valor ornamental das nosas zonas verdes”.
O plan realízase de forma coordinada entre os técnicos do concello e a empresa Calfensa.
O edil asegurou que “se seleccionaron exemplares arbóreos coa calidade e as características que requiren para o seu bo desenvolvemento e crecemento” e informou, así mesmo, “das rúas nas que se vai a intervir e das especies elixidas a plantar en cada unha delas: