Reportaxe: Novos tempos para o baile
A pandemia da covid-19 trouxo cambios en todos os niveis. Unhas das grandes afectadas foron as academias de baile, como Ritmo Lugo, que tiveron que adaptarse á nova situación cambiando estilos e adaptando as aulas. Superado o peor están volvendo a recuperar algo a normalidade, en especial coa volta da competición.
A covid19 levounos cara o deporte individual e, aínda que a situación está mellorando paseniñamente, seguimos sen conseguir chegar á normalidade. Así pois, máis dun ano despois, conseguímonos adaptar ás novas limitacións en tódolos ámbitos e sectores, entre os que se atopa o baile que, según Jandro Pallares, é un dos grandes esquecidos “non aparecíamos nin nos DOG, nin nos BOE. Non había nada que se referira a nós. Estabamos nun limbo no que podíamos facer o que nos dera a gana”. Así o comentaba Pallares, cun tono que se atopaba entre a tristeza e a rabia “houbo un pouco de movemento e foi cando se deron conta de que estabamos aquí”.
En canto a restriccións, ao non ter en ningún momento ningunha indicación por parte de administracións, as medidas que adoptaban eran as mesmas que as dos ximnasios, que era o ámbito máis semellante ao que amarrarse “nese sentido sentímonos moi esquecidos polas administracións. O final era guiarse polo que facía o do lado”.
O que sí está claro é que non se pode bailar en parella, o baile ten que ser individual e con distancia de seguridade; aínda que a parella sexa convivinte. “De feito somos a única comunidade autónoma de toda España que non nos deixan bailar en parella, nin sequera convivintes. Nós temos moitos casos de persoas que entran pola porta separados e saen xuntos, vanse no mesmo coche e supoño que durmirán na mesma cama. É algo ilóxico”, sinalou Pallares.
A pandemia da covid trouxo numerosos cambios na organización das clases co único ánimo de poder seguir bailando e, ao mesmo tempo, facendo exercicio pero de forma segura. A primeira medida foi acondicionar o local e para iso marcaron cuadrículas nas aulas. Cada cadrado acúpao unha persoa que ten unha distancia de máis de dous metros coa do lado. O uso de máscara e xel desinfectante obrigado, ademais do resto de medidas habituais, pouco a pouco o seu alumnado foi cambiando os seus hábitos.
Pero non foi esto o único que cambiou, houbo que adaptarse aos novos tempos incorporando novos estilos de baile para adaptarse ao baile individual, como o reggeaton ou o disco, que tiveron un grande éxito e que non descartan incorporalos á súa oferta unha vez que todo volva á normalidade. Ademais, tamén se adaptaron as clases en parellas para bailar de forma individual, aprendo os pasos e perfecionando para cando podan aplicarse xa como parellas. Así pois, a pesar dos continuos cambios e da nova forma de aprender a bailar, "a xente está respondendo moi ben", di Jandro.
Por iso, de algo do que están agradecidos é da clientela “fixa e fiel de fai moitos anos”, coa que puideron saír cara adiante; aínda que si que é certo que o número de alumnos baixou drasticamente, xa que se pasou de contar con 500 alumnos nunha tempada normal, a ter sobre a metade. Por sorte, a escola xa está vendo avances neste último mes no que comezou a haber algo máis de movemento entre a sociedade "a xente ten gañas de volver facer cousas e neste último mes, estase notando".
Jandro Pallares, bailarín profesional e profesor de baile
Jandro Pallares é un bailarín que naceu e creceu entre pasos e ritmo. Comezou aos 5 anos en baile tradicional pero non tardou moito en darse conta do que lle gustaba de verdade: a especialidade de baile caribeño. De pais, tíos e demais familia bailaríns, él non dubidou en ningún momento en adicarse e dalo todo polo que máis lle gustaba e, grazas a iso, as recompensas foron chegando.
Xunto coa súa anterior parella, lograron ser os pioneiros na especialidade de baile caribeño a nivel estatal na que conseguiron ser os primeiros galegos en gañar o campionato de España e acudir á competición internacional. De feito, actualmente, Galicia e Cataluña son dúas das comunidades autónomas máis numerosas, tanto a nivel deportistas como a nivel competición.
O bailarín lucense xa se labrou un nome entre os grandes do mundo; chegou o europeo, onde logrou a medalla de bronce; no mundial de 2018 conseguiu quedar no oitavo posto, e nos World Games -competición mundial onde se convocan deportes que non se practican nos xogos olímpicos pero que están adscritos ao programa olímpico-, el e a súa anterior parella chegaron ao sexto posto na clasificación final.
En canto a proxectos de futuro, a súa cabeza está posta no campeonato de España que se celebrará o vindeiro 30 de xuño. A partir de ahí, a idea é ir crecendo e planificando proxectos coa súa nova parella de baile coa que comezou esta andaina recentemente.