Retirados 22.680 kg de lixo do Carqueixo en Lugo

LugoXa
El área de Medio Ambiente del Concello de Lugo retiró más de 20.000 kg de basura de la zona de O Carqueixo.
limpeza Carqueixo 3
11 Xan 2022

A área de Medio Ambiente retirou esta mañá un total de 22.680 kg de lixo do Carqueixo, nun dispositivo especial de limpeza que continuará mañá.

O operativo, segundo sinalou o tenente de alcaldesa e responsable de área, Miguel Fernández, artellouse en resposta a unha petición veciñal, “trasladada polos residentes na contorna para dar conta do estado no que se encontran as vías que rodean este poboado lucense”.

Fernández explicou que a brigada de limpeza acude con asiduidade á zona tanto para proceder á retirada de refugallos que se amorea no vertedoiro como nas vías das inmediacións e que se corresponde, fundamentalmente, con entullo procedente da construción, como restos de madeira, persianas, etc”.

O edil indicou alén que “foron enviadas dúas pas e dous camións e varios operarios para poder separar a gran cantidade de residuos que se atopaban na zona”.

“O Concello de Lugo actúa á maior brevidade posible cada vez que ten coñecemento de que se están a orixinar estas acumulacións incontroladas de refugallos, polo que convidamos e agradecémoslle á veciñanza que, se ten coñecemento delas, nolo faga chegar ben a través do 010, ben mediante a aplicación Liña Verde, para poder atallalas”, solicitou Miguel Fernández.

0.19305300712585