Retiran os restos da árbore que caeu na estrada N-VI en Lugo

LugoXa
A área de Transición Ecolóxica do Concello, en coordinación coa empresa Excavaciones J.
retirada_arbore_n_vi
18 Mar 2024

A área de Transición Ecolóxica do Concello, en coordinación coa empresa Excavaciones J. Carreira, completou a retirada dos restos das raíces e da terra que quedou da árbore, un piñeiro de importantes dimensións, que caeu na estrada N-6 entre a Ponte Branca e o Mesón o Muíño, no treito que foi cedido no seu día ao Concello de Lugo.

Os traballos, para os que houbo que recorrer a maquinaria especializada, complementaron os labores realizados a semana pasada con medios propios do Concello, cos que se retiraron os outros restos da árbore que quedaran depositados no arcén.

0.1587700843811