Reúnese o xurado para escoller o cartaz do San Froilán 2021
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu esta mañá no concello a Aurelia Balseiro, Esther Muñoz e Begoña Pérez, que conformaron o xurado que decidirá o cartaz da edición 2021 San Froilán e do San Froilán Miúdo. Maite Ferreiro explicou que “estamos a traballar nunha nova edición do San Froilán na que se volvan garantir as medidas de seguridade, e tendo en conta o avance da vacinación e as restriccións que estén vixentes este outubro”.
As tres integrantes do xurado escolleron unha gañadora entre as 70 participantes no San Froilán e 40 no Miúdo. A autora do cartaz gañador do San Froilán recibirá un premio de 2.000€, mentres que a gañadora do miúdo recibirá material de pintura e debuxo valorado en 300€.
Maite Ferreiro afirmou que “anualmente coñecemos a gran calidade das deseñadoras e deseñadores de Lugo co concurso do San Froilán”, e engadiu “tamén vemos a gran calidade dos debuxos das rapazas e rapaces que anualmente se presentan a este certame”.