Reunida a xunta de seguridade con motivo da celebración do Caudal Fest
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu xunto á alcaldesa, Paula Alvarellos, a Xunta Local de Seguridade para artellar o dispositivo da última gran festa do verán en Galicia, o festival Caudal Fest de Lugo. Así, ofreceu a colaboración tanto da Subdelegación do Goberno como das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado con reforzos de patrullas polos arredores do recinto e controis nas zonas que conten con maior afluencia, entre outros mecanismos para preservar a seguridade de miles de asistentes.
A subdelegada apelou á responsabilidade dos cidadáns para que Lugo siga recibindo e levando a cabo propostas que conten con artistas e bandas de renome, poñendo á provincia e á cidade no mapa como sinónimo de festas de calidade, exitosas e seguras.