Reunión anual de empesarios do Ceao e As Gándaras coa Xunta

LugoXa
Arias destacou “o papel dos empresarios, os autónomos e os emprendedores no desenvolvemento social e económico"
reunion-empesarios-ceao-as-gandaras-reunion
20 Sep 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou en Lugo na xuntanza anual da asociación de empresarios dos polígonos do Ceao e As Gándaras.

Arias destacou “o papel dos empresarios, os autónomos e os emprendedores no desenvolvemento social e económico dos concellos da nosa provincia” e reiterou o compromiso da Xunta para seguir avanzando nese obxectivo traballando coordinadamente co sector.

Tamén incidiu na aposta por continuar co desenvolvemento do polígono das Gándaras, “unha área industrial consolidada na que a Xunta leva investidos 60 millóns de euros”. Neste marco, lembrou que no mes de xullo adxudicouse a redacción do proxecto de urbanización das fases VI e VII-B deste parque empresarial, que suporá engadir 352.153 metros cadrados de solo industrial máis e cuxa urbanización rematará no ano 2028.

⚙ Configurar cookies
0.10150194168091