Reunión en Outeiro de Rei para avanzar na concentración parcelaria

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse co alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, na casa consistorial.
Nesta xuntanza abordaron os avances realizados nas concentracións parcelarias deste municipio, que corresponden aos lugares de Outeiro de Rei, San Lorenzo, Arcos, San Fiz e Sobrada, e que permitirán reorganizar a estrutura territorial de 2.451 hectáreas de superficie, beneficiando 833 titulares.
Así, Rodríguez lembrou a importancia destes instrumentos, que procuran acadar unha ordenación da superficie agraria que permita un uso adaptado ás necesidades agrícolas e forestais de cada zona.