Rexeneración da estrada que discorre a través de San Martiño de Piñeiro

LugoXa
Estas obras están incluídas no Plan Único Provincial de Cooperación cos Concellos do ano 2020, que conta cun orzamento de 500.000 €.
estrada san martino de pineiro lugo
4 May 2021

O Concelleiro de Cohesión Territorial, Miguel Fernández, supervisou esta mañá as tarefas de rexeneración do firme da estrada que vai dende A Silva, na parroquia de San Xoán do Campo, e que discorre a través da parroquia de San Martiño de Piñeiro, chegando ao límite do termo municipal de Guntín, por un importe total de adxudicación que ascende a 109.145,60 euros,  financiados entre o Concello e a Deputación de Lugo. 

Esta actuación enmárcase dentro do Plan Único Provincial de Cooperación cos Concellos do ano 2020 e beneficia a veciños das parroquias de San Xoán do Campo e San Martiño de Piñeiro. Os traballos consistiron na rexeneración do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, mellora das canalizacións de auga, así como o próximo pintado da sinalización horizontal e a instalación da correspondente sinalización vertical. 

A intervención ten por obxecto mellorar as comunicacións de varios núcleos nos que, coas obras desenvolvidas, se garante a seguridade da circulación en puntos tan transitados, Miguel Fernández destacou que “estas actuacións responden ás peticións veciñais existentes nas  parroquias e enmárcanse na decidida aposta do Concello polo rural, para fixar poboación e mellorar os servizos e a calidade de vida dos seus veciños e veciñas”.

0.16453886032104