Ribadeo acolle o foro “Tan iguais coma diferentes” para visibilizar a síndrome de Down

LugoXa | AMariñaXa
O evento, organizado polo Concello e Down Lugo, busca concienciar sobre a diversidade e fomentar unha comunidade máis inclusiva
Foro-Down-Ribadeo
25 Oct 2025

O Concello de Ribadeo xunto coa asociación Down Lugo organizou o foro “Tan iguais coma diferentes”, co obxectivo de visibilizar as capacidades das persoas con síndrome de Down, concienciar sobre a diversidade e seguir construíndo unha sociedade máis inclusiva e solidaria.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou o compromiso do Goberno galego coa participación das persoas con síndrome de Down en todos os ámbitos, subliñando que se trata dun reto no que “temos que ir da man as institucións, as entidades e toda a sociedade”.

Arias puxo en valor a rede de colaboración estable que a Xunta mantén con entidades como Down Galicia, á que ofrece apoio económico e institucional para desenvolver programas que promovan a calidade de vida, a autonomía persoal, a inclusión social e laboral e a igualdade de oportunidades das persoas con síndrome de Down.

O delegado tamén felicitou aos organizadores por impulsar un foro que invita a reflexionar sobre a realidade destas persoas, amosar os avances conseguidos en diferentes ámbitos e apostar por un futuro máis igualitario.

⚙ Configurar cookies
0.075839042663574