Ribeiras do Lea celebra as festas de San Xoán desde o venres

LugoXa | TerraChaXa
As festas prolongaranse ata o sábado 12 de xullo, día no que terá lugar unha xornada de convivencia coa tradicional comida veciñal
festas-ribeiras-de-lea
17 Jun 2025

A parroquia de Ribeiras do Lea, no concello de Castro de Rei, prepárase para celebrar por todo o alto as tradicionais festas de San Xoán cun programa cargado de música e actividades para todos os públicos.

As celebracións comezan o sábado 21 de xuño cunha misa ás 13:30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú a cargo do grupo Madastur. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena amenizada polos grupos Madastur e Panamá.

O domingo 22 de xuño repetirase o esquema festivo cunha nova misa ás 13:30 horas, procesión e sesión vermú, nesta ocasión coa música do grupo Fénix.

As festas prolongaranse ata o sábado 12 de xullo, día no que terá lugar unha xornada de convivencia coa tradicional comida veciñal, servida polos Hermanos Debasa, e que contará coa actuación do dúo Son de Festa.

⚙ Configurar cookies
0.18498206138611