Ribeiras do Lea estará de festas o 22 e 23 de xuño
LugoXa | TerraChaXa
A música estará a cargo de Españoles, Elixir, D'Nika e Epo-K
Cartel
15 Jun 2024
A localidade de Ribeiras do Lea, en Castro de Rei, celebra as súas festas na honra a San Xoán. Terán lugar a fin de semana do 22 e 23 de xuño.
O programa contará con misa solemne desde as 13.30 horas e a posterior sesión vermú, que estará ao cargo da orquestra Españoles. Pola noite volverá o mesmo grupo e tamén o dúo Elixir para animar a verbena.
O domingo repetirá o oficio relixioso e a sesión vermú estará ao cargo do grupo D’ Nika, coa que se dará por finalizada a sesión.
Como colofón das festas, o día 6 de xullo haberá unha comida veciñal animada pola actuación do dúo Epo-K.