Richard Sinclair, pioneiro do movemento do Canterbury Sound, ofrece un concerto de balde en Lugo

LugoXa
Richard Sinclair, pioneiro do movemento do Canterbury Sound, ofrecerá un concerto gratuíto este sábado en Lugo, promovido pola Área de Xuventude do Concello.
Concerto Richard Sinclair portada
23 Abr 2024

Richard Sinclair, pioneiro do movemento do Canterbury Sound, ofrecerá un concerto gratuíto este sábado en Lugo, promovido pola Área de Xuventude do Concello. “Eta cita enmárcase dentro da programación trimestral que poñemos en marcha para fomentar un ocio saudable entre a mocidade lucense”, avanzou o edil Jorge Bustos.

Neste senso, Bustos convidou a “todas as persoas amantes da música a disfrutrar desta posibilidade inédita de gozar dun concerto do músico inglés que suporá todo un acontecemento musical na nosa cidade”. A cita terá lugar no Club Clavicémbalo ás 19.00 horas con entrada de balde e acceso libre ata completar aforo.

O famoso músico Richard Sinclair estará acompañado no escenario por Amoeba Split, grupo galego composto por seis artistas e enmarcado no estilo jazz-rock progresivo. Con este tipo de iniciativas o Goberno municipal busca achegar un completo programa de alternativas de lecer á mocidade lucense coas que fomentar a cultura e o ocio responsable e previr posibles adiccións ou conductas nocivas para os mozos e mozas.

“A prevención de drogodependencias e o fomento de bos hábitos da saúde son dous labores que a sociedade temos o deber de potenciar. Tecido educativo, social, deportivo, lúdico, familiar, a cidadanía en xeral, e como non, administracións, somos protagonistas na concienciación e na extensión da cultura do rexeitamento e o fomento dun ocio saudable”, apuntou o edil.

0.19493389129639