Río Breogán, nova denominación do equipo lucense de baloncesto

LugoXa
O equipo de baloncesto, que lidera a Liga LEB na súa loita polo ascenso á ACB, presentou este mércores a súa nova imaxe.
lugo río breogán
25 Mar 2021

Río Breogán é a nova denominación do equipo de baloncesto lucense que loita polo ascenso á ACB.

Segundo explicaron desde o club, o equipo súmase deste xeito ao lema 'Actitude Río' do seu patrocinador, "que enxalza o esforzo, o espírito de superación e o traballo en equipo".

O Breogán e Leite Río levan máis de tres décadas de relación, o que converte á láctea galega nunha das marcas patrocinadoras máis lonxevas do baloncesto en España.

Xogadores, técnicos e empresa patrocinadora déronse cita este mércores no Pazo dos Deportes para realizar a foto de familia coa que presentaron a nova imaxe, Río Breogán, que acompañará ao club desde agora ao tramo final e decisivo da tempada.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17870616912842