A Foliada e os Cantos de Taberna volven a Portomarín da man de Río Miño

LugoXa
A asociación cultural Río Miño de Portomarín organiza a sexta edición da súa Foliada
asociación_cltural_rio_miño
26 Xuño 2024

A asociación cultural Río Miño de Portomarín organiza a sexta edición da súa Foliada e os seus segundos Cantos de Taberna. A cita, que conta coa colaboración do Concello, terá lugar no municipio o vindeiro 29 de xuño a partir das 19.00 horas. O programa arranca, anteriormente, ás 18.00 horas, coa concentración dos grupos na praza para dar comezo aos Cantos de Taberna ás 19.00.

Serán polos diferentes establecementos da vila da man dos grupos Xaora Trad, da asociación Palacio do Rei e do propio grupo Río Miño. A partir das 21.30 os asistentes poderán gozar da cea popular para todos os que se acheguen na Praza do Camiño seguida da Foliada Libre e do conxuro da queimada final ás 23.00 horas. Dende a asociación animan a participar e a acompañar con instrumentos.

0.10766983032227