Roberto Sáez, novo director deportivo do Lugo
LugoXa
Súmase á estrutura deportiva do club tras unha longa traxectoria de catro tempadas na secretaría técnica do CD Mirandés
19 Xuño 2024
O Club Deportivo Lugo e Roberto Sáez Valerio chegaron a un acordo para a incorporación deste último á dirección deportiva do club. Sáez (Miranda de Ebro, 10-3-1976) súmase á estrutura deportiva do club tras unha longa traxectoria de catro tempadas na secretaría técnica do CD Mirandés, entre as cales se destaca un ascenso a Segunda División e tres tempadas na categoría de prata do fútbol español.
Durante a tempada 23-24 desenvolveu o seu labor como director deportivo do Sestao River, logrando a permanencia do conxunto verdinegro. Roberto Sáez asina por unha tempada. A data da súa presentación será anunciada proximamente.