Robra acolle esta fin de semana a VF Challenge MR Outeiro

LugoXa | TerraChaXa
Esta proba é unha oportunidade única para gozar dunha fin de semana chea de emoción, velocidade e competicións de alto nivel
VF-Challenge-MR-Outeiro
Cartel
18 Xul 2024

O ruxido dos motores e a adrenalina da velocidade apoderaranse de Outeiro de Rei os días 20 e 21 de xullo coa celebración do VF Challenge MR Outeiro II. Este emocionante evento de carreiras de motos terá lugar no Circuíto de Robra e reunirá a competidores de diversas categorías, prometendo un espectáculo cheo de acción e destreza.

Competirán na proba en varias categorías. En Supermoto os pilotos demostrarán a súa habilidade nesta categoría que combina asfalto e terra, ofrecendo unha experiencia de condución única e desafiante.

En Pitmotard serán motocicletas pequenas pero potentes enfrontaranse nun circuíto técnico e esixente. Minimotos para que os máis novos e as motos de menor tamaño protagonicen carreiras cheas de emoción e velocidade.

En GP Sport os pilotos competirán en motocicletas deportivas de alto rendemento, mostrando o mellor da velocidade e a técnica. A Minivelocidad é nha categoría deseñada para motos de baixa cilindrada, ideal para os pilotos que comezan a destacar no mundo das carreiras.

O VF Challenge MR Outeiro II é unha oportunidade única para gozar dunha fin de semana chea de emoción, velocidade e competicións de alto nivel. Os organizadores convidan a todos os amantes das motos e o deporte para asistir e vivir a adrenalina das carreiras no Circuíto de Robra.

0.08662486076355