Rocha, en Friol, celebra as festas en honor a San Cosme con tres días de verbenas e tradicións

LugoXa | TerraChaXa
Rematarán o domingo 28 coa sesión vermú, nesta ocasión a cargo do dúo Charada
fogos-artificiais-festas
25 Sep 2025

A parroquia de Rocha, en Friol, prepárase para celebrar as súas festas patronais en honor a San Cosme os días 26, 27 e 28 de setembro. A cita, que cada ano reúne veciños e visitantes, contará cun programa variado no que destacan a música, as verbenas e as celebracións relixiosas.

O venres 26 abrirase o programa cunha gran churrascada que dará paso á verbena amenizada polo dúo Son de Festa. O sábado 27 terá lugar a misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú con Super Star, formación que tamén será a encargada de animar a verbena nocturna.

O domingo 28, a festa continuará coa misa solemne e a sesión vermú, nesta ocasión a cargo do dúo Charada, que tamén porá o broche final ás celebracións coa última verbena.

⚙ Configurar cookies
0.10272097587585