Rochi Nóvoa presenta a súa poesía en A Despensa do Saa

LugoXa
A poeta de Sobradelo ofrecerá un recital acompañado de música en directo
Rochi-Novoa
12 Sep 2025

A Taberna Cultural A Despensa do Saa de Lugo acollerá este sábado, 13 de setembro, un especial recital de poesía a cargo de Rochi Nóvoa, natural de Sobradelo, Xunqueira de Ambía.

Recoñecida pola súa voz intimista e pola súa escrita que explora emoción, identidade e o poder transformador da palabra, Nóvoa ofrecerá unha sesión literaria única que se completará coa música en directo do guitarrista Daniel Soldevilla.

O recital dará comezo ás 19:30 horas, invitando ao público a gozar dunha tarde na que poesía e música se entrelazarán para crear unha experiencia sensorial e reflexiva no corazón da cultura local.

⚙ Configurar cookies
0.065117835998535