Roger Martínez, novo xogador do Lugo
O Lugo presentou a Roger Martínez como novo xogador albivermello nas instalacións do Forum Ceao. Xunto ao centrocampista catalán comparecía Roberto Sáez, que comezaba a súa intervención mostrando o seu agradecemento a un colaborador habitual do club. “Sempre están dispostos a axudarnos e a facilitarnos as súas magníficas instalacións para o seu uso en diferentes actividades que realizamos”.
Así mesmo, tamén agradecía publicamente o esforzo que fixo Roger por estar en Lugo. “Tivo que perdoar diñeiro para poder xogar no Club Deportivo Lugo, e demostrou desde o primeiro momento que cre no proxecto, que ao final é o máis importante para nós. Xente que de verdade senta e crea que o CD Lugo é un bo sitio para el, e estou convencido de que imos crecer da man os dous xuntos”.
Pola súa parte, Martínez asgurou que sempre o tivo claro. “Vin que era o club que máis interese puxo en min e en que xogara para eles, entón non tiven ningunha dúbida de que este era o meu destino”. O xogador busca “crecer como futbolista e como persoa. Creo que era un paso na miña carreira que tiña que dar e que mellor cerco que facelo da man do CD Lugo”. Roger quixo destacar que se caracteriza “por ser un líder dentro do campo. Gústame ter o control de balón e xogar agresivo en tarefas defensivas”.