Roimil, en Friol, estará de festa desde o venres

LugoXa | TerraChaXa
O domingo 19 de outubro pechará o programa festivo a actuación da coñecida orquestra Los Satélites, unha das formacións máis emblemáticas de Galicia
programa-festas-roimil
13 Oct 2025

A parroquia de Roimil, no concello de Friol, celebra esta fin de semana as súas tradicionais festas na honra á Virxe do Rosario, unha cita moi agardada pola veciñanza e visitantes que se achegan cada ano para gozar da música, o bo ambiente e a gastronomía.

Os festexos comezarán o venres 17 de outubro cun servizo de polbo de 20:30 a 23:30 horas, ao que seguirá, a partir das 23:30, unha gran verbena a cargo do grupo Punto Clave, que será o encargado de abrir as noites de festa.

O sábado 18, a xornada arrancará coa misa solemne ás 13:00 horas, seguida dunha sesión vermú e verbena amenizada pola orquestra Acordes, que fará bailar a todos os asistentes co seu repertorio de clásicos e temas actuais.

O domingo 19 de outubro pechará o programa festivo cunha nova misa solemne ás 13:00 horas, sesión vermú de 14:00 a 15:00 e unha sesión de tarde, de 19:00 a 22:00 horas, coa actuación da coñecida orquestra Los Satélites, unha das formacións máis emblemáticas de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.074196100234985