Romaría campestre, maxia, verbenas e concertos no San Vitorio de Baralla
O municipio de Baralla conta os días para comezar as súas festas patronais. A vila celebrarán o San Vitorio o 24, 26, 27 e 28 de agosto. A celebración comeza o sábado con Romaría campestre ás beiras do río Neira, na área recreativa Manuel Capón. Premiaranse as tres mellores merendas e a xornada estará amenizada pola charanga Leña Verde.
Actuarán tamén o dúo Muralla e a disco móbil DBC. O programa continúa o día 26 ás 20.00 horas coa actuación do grupo de treatro A Rabela de Baralla. A verbena comezará ás 23.00 horas e estará amenizada por Charleston e grupo Jaque. O martes organizan misa solemne, procesión e, a partir das 14.00 horas, concerto no parque da igrexa da man de Airiños do Neira. Xa pola tarde, ás 18.00 horas, haberá un gran espectáculo de maxia co Mago Manuel Moreno.
Neste día a veciñanza tamén poderá gozar de pasacalles da man de Louband e da verbena, a partir das 22.00 horas, amenizada polas orquestras Gran Parada, Grupo Beatriz e o cantante Dani Pardo. O último día, o 28, de novo preparan misa, procesión e concerto a partir das 14.00 horas de Airiños do Neira no parque da igrexa. Pola tarde programan, a partir das 18.00 horas contacontos con Fernando Rivas. Á noite será a quenda, ás 22.00 horas, da verbena con Principal e Punto Clave.