Roteiros de Pol realiza o domingo unha ruta polo municipio

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A programación do día comezará ás 8:30 horas coa saída de Mosteiro (diante do Concello) en bus cara o inicio da ruta
concello-de-pol
5 Sep 2025

A Asociación Cultural Roteiros de Pol organiza o domingo, 7 de setembro, unha nova actividade de sendeirismo por Pol, concretamente entre A Muíña e Mosteiro. A ruta, cunha distancia de 15 quilómetros e unha dificultade fácil, está pensada para amantes da natureza que queiran desfrutar dunha xornada ao aire libre mesturando deporte e cultura.

O prezo de inscrición é de 25 euros para socios e 30 euros para non socios, e inclúe o xantar e o bus. As persoas interesadas deberán realizar o pagamento hoxe como último día, ingresando o importe na conta da Asociación Cultural Roteiros de Pol en Abanca (ES76 2080 0157 9330 4000 5484), indicando o nome completo.

A programación do día comezará ás 8:30 horas coa saída de Mosteiro (diante do Concello) en bus cara o inicio da ruta, que será ás 9.15 horas. Ao remate do percorrido, arredor das 14:00 horas, os participantes poderán gozar dun xantar na área recreativa do río Azúmara xunto ao Muíño do Pacio. Haberá parada para o café ás 10.30 horas.

Esta actividade, organizada pola Asociación Cultural Roteiros de Pol en colaboración co Concello de Pol, combina natureza, deporte e gastronomía.

⚙ Configurar cookies
0.17757201194763