Rubén Arroxo anuncia que o grupo Fuxan os Ventos actuará no novo auditorio de Lugo
O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a Tenencia de Alcaldía a través da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua continúa a traballar na planificación da actividade do Auditorio Fuxan os Ventos para o ano 2025.
Así, afirmou que o Auditorio Fuxan os Ventos contará cunha importante programación, con agrupacións locais que se coordinarán con actuacións de circuítos estatais e internacionais.
Arroxo anunciou un concerto do grupo Fuxan os Ventos no auditorio, como "homenaxe a un dos grupos musicais galegos máis importantes nos últimos anos, e celebración do seu 50 aniversario, celebrado en 2022".
Finalmente, o tenente alcalde afirmou que "Fuxan os Ventos é un dos grupos musicais galegos máis importantes nas últimas décadas", e engadiu "para o Concello de Lugo é unha honra contar cun auditorio co seu nome, despois de acoller tamén o seu nacemento no ano 1972".