Rubén Arroxo asegura que o PP "usa a mentira para abandonar a comisión de festas todos os anos"

LugoXa
Rubén Arroxo asinou un informe en resposta á única solicitude do Grupo Municipal do PP solicitando acceso á contabilidade do San Froilán
san-froilan-concerto-musica-xuventude
San Froilán
6 Ago 2024

Rubén Arroxo asinou un informe en resposta á única solicitude do Grupo Municipal do PP solicitando acceso á contabilidade do San Froilán. Arroxo afirmou que o PP "leva anos deixando a comisión de festas buscando escusas, esta vez, por unha documentación que segundo eles solicitaron ata en 5 ocasións, mais da que só consta unha única solicitude o pasado 28 de xuño".

As e os concelleiros do Partido Popular teñen acceso á contabilidade do Concello de Lugo, "máis isto non quere dicir que os servizos municipais teñan que elaborar informes ou traballos ad hoc". O San Froilán non conta cunha contabilidade específica, máis aló dos datos elaborados polo persoal municipal involucrado nas distintas actividades das festas, polo que a negativa á elaboración dun informe específico sobre esta materia non impide ás concelleiras e concelleiros do PP acceder á información legalmente recoñecido.

O tenente alcalde afirmou que "mentres que o PP continúa a buscar escusas, a área de Cultura continuará a organizar unhas festas para todas e todos os lucenses, con actividades diversas que garantirán que todo o mundo poida desfrutar do programa". Arroxo lembrou que "as festas de San Froilán son cada ano un éxito que se demostra vendo as rúas de Lugo cheas, e neste 2024 repetiremos o un ano máis como a gran festa do outono galego".

0.20111894607544