Rubén Arroxo avanza un novo modelo de transporte público urbano en Lugo

LugoXa
A Tenencia de Alcaldía busca facilitar o acceso ao campus e mellorar a conexión cos barrios
reunion-Consello-do-Estudantado-da-USC-Lugo
1 Apr 2026

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, mantivo un encontro co representante do Consello do Estudantado da USC en Lugo, no que abordaron o deseño do novo modelo de transporte público urbano que está a preparar a Tenencia de Alcaldía. Arroxo destacou que a meta da área de Mobilidade é "consolidar o transporte público como unha alternativa para os desprazamentos da veciñanza, aumentando o seu uso mes a mes".

O responsable municipal subliñou que a zona do campus "será un dos principais eixos de conexión do novo sistema de liñas" e engadiu que "a comunidade universitaria contará con facilidades para achegarse ao campus desde a cidade". Entre as prioridades definidas pola Tenencia de Alcaldía figuran mellorar as conexións cos barrios, simplificar os transbordos, garantir unha frecuencia mínima de 30 minutos en todas as liñas e reducir os tempos de espera nos eixos principais da cidade, onde actualmente a frecuencia é de 12 minutos.

O novo contrato do servizo inclúe a posibilidade de aumentar a quilometraxe no futuro, tendo en conta o crecemento previsto da cidade nos próximos anos. Segundo explicou Arroxo, esta planificación permitirá adaptar as liñas ás novas zonas residenciais e asegurar que o autobús chegue ás futuras vivendas.

0.11990094184875