Rubén Arroxo, calificou como "lamentables" as pintadas aparecidas nas rúas de Lugo

LugoXa
Rubén Arroxo califica como "lamentables" las pintadas que aparecieron el pasado marte en las calles de Lugo.
pintaza ameaza ruben arroxo2
26 Xan 2022

O pasado martes Lugo amenceu cunhas pintadas de carácter ameazante cara o tenente de alcaldesa Rubén Arroxo, así o manifestou o edil nas súas redes sociais.

No fío publicado en Twitter, Rubén Arroxo explicaba que “cono” é a palabra coa que coñecidos perfiles da ultradereita e algún concelleiro do PP o nomean tomando como referencia este obxecto xa que “está todo Lugo en obras”.

As pintadas, localizadas en zonas que o tenente de alcaldesa frecuenta, súmanse aos ataques que recibe nas redes sociais a través de perfiles falsos.

Antes esta situación Rubén Arroxo, que cualificou como "lamentables" as pintadas aparecidas nas rúas de Lugo, afirma que "non se trata dun ataque contra o BNG, senón dun ataque contra a democracia e as máis de 7.000 persoas que votaron ao BNG". Ademais, destacou que "Lugo é unha cidade respectuosa, na que se adoita dicir que todos nos coñecemos", e criticou as "ameazas por cuestións ideolóxicas de persoas que non aceptan que o BNG estea a mellorar a cidade"

O tenente de alcaldesa explicou que “as amezas veñen por cuestións puramente de odio ideolóxico, son persoas que non aceptan que o papel do BNG no goberno está a mellorar a cidade. A súa ira lévaas a unha frustración que acaban, lamentable, en pintadas con ameazas de morte”.

Por outra banda, dende as redes sociais do Partido Popular mostraron o seu rexeitamento a este tipo de actuacións “O Grupo Popular, como sempre fixo, condena todo tipo de pintadas e máis se son ameazantes contra calquera persoa ou ideoloxía política”.

0.16490197181702