Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con veciños da rúa Río Parga

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron un encontro con veciñas e veciños da contorna da rúa Río Parga. Os edís visitaron a zona para escoitar "as necesidades que nos amosaron as veciñas e veciños do barrio", explicou Rubén Arroxo.
“Moitas veces, pequenas intervencións permiten garantir as boas condicións dos distintos servizos públicos, e melloran a calidade de vida e o benestar das veciñas e veciños”, indicou o Tenente Alcalde, que engadiu “as pequenas intervencións que se poidan realizar nos barrios son unha prioridade do goberno municipal”.
Arroxo agradeceu á veciñanza “que nos trasladasen os problemas existentes no barrio, e que nos indicasen as melloras que atopan máis urxentes, o que nos permitirá seguir a traballar para continuar a mellorar a calidade de vida en todos os barrios”.